A Confraría de Vilanova inicia as eleccións sen o consentemento de Pesca

    VILANOVA > A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, asegurou que o censo da Confraría de Vilanova aínda non está claro e por tanto non se pode dar inicio ás eleccións. Pero a confraría xa ten o proceso aberto.

    Vislúmbrase un novo enfrentamento entre o cabildo da Confraría de Vilanova de Arousa e a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. A conselleira reiterou en Pleno Aberto que o cabildo estaba poñendo trabas para pecha-lo censo e que mentres non tivesen todo aclarado non pemitirían a celebración das eleccións.
    A posición da consellería volve a diferir coa da confraría vilanovesa, que xa pechou o calendario electoral que se dará a coñecer unha vez que sexa aprobado polo cabildo. Dende a confraría esperan que o proceso se inicie en maio e insisten en que calquera inxerencia a estas alturas da consellería será levada ó xulgado.

    Redacción Salnés