Comeza o curso escolar para o alumnado de infantil e primaria

CAMBADOS> Comeza un novo cursos escolar para os nenos e nenas da educación infantil e primaria. O alumnado divídese entre os medos dos máis pequenos e a ilusión dos máis maiores. Aínda que os que se amosan máis contentos, son os propios pais.

O novo curso escolar 2021/2022 deu comezou para os máis pequenos. Os nenos e nenas da educación infantil e primaria tiveron hoxe o seu primeiro día de colexio. Despois de tres meses de vacacións os cativos volveron ás aulas con moita ilusión.

O poder estar cos seus amigos é o que máis ilusiona aos nenos e nenas.

A alegría dós máis maiores contrasta cos nervios dos máis pequenos. Xa que para os nenos e nenas de tres anos foi o seu primeiro día de colexio.

Ao marxe dos máis pequenos, quen se mostrou máis contento coa volta do colexio foron os pais e nais.

O curso comeza, de novo, cun protocolo para adaptarse á situación sanitaria. A boa evolución da pandemia tamén permite aos mestres afrontar o curso con máis ilusión.

Tras o comezo dos máis pequenos, o vindeiro mércores será a quenda da Eso, o bacharelato e os ciclos formativos. O primeiro trimestre alongarase ata o vindeiro 21 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí