Torres Colomer, vicepresidente da Fundación do Museo do Gravado de Artes

    RIBEIRA > O Museo do Gravado de Artes acolle dúas novas exposicións tituladas ‘Temas de Marc Chagall’ e ‘España en sombras: guerra, dictadura y democracia’. O acto de inauguración contou coa presenza dos patronos da propia fundación e a práctica totalidade dos alcaldes da comarca do Barbanza.

    A xornalista e poetisa Eva Veiga foi a encargada de realiza-la presentación desta dúas novas exposicións do Museo do Gravado de Artes. No acto estiveron presentes entre outros o propio Javier Expósito, presidente da Fundación, Javier Blas, Subdelegado da Real Academia de Bellas Artes de Madrid e a práctica totalidade dos alcaldes da comarca, así como tamén a concelleira de Cultura de Santiago, Teresa García Sabell.

    A primeira das mostras inauguradas baixo o título ‘España en sombras: guerra, dictadura y democracia’ está cedida pola Universidade de Cantabria e nela intégranse litografías, augafortes ou gravados de autores tan dispares coma Miró, Picasso, Saura ou Ibarrola.

    A outra exposición inagurada foi ‘Temas de Marc Chagall’, un autor que destaca pola forza e o encanto das súas imaxes, onde o uso da cor e a búsqueda formal derivan en parte do expresionismo ruso e o cubismo e o surrealismo francés.

    Con anterioridade os patronos da Fundación celebraron unha reunión na que acodaron nomear ó alcalde ribeirés, Xosé Luís Torres Colomer, coma vicepresidente da Fundación Museo do Gravado de Artes.

    Redacción Barbanza