VILANOVA > A Confraría de Vilanova está a estudar, a través dun avogado, a posibilidade de ir ó xulgado a denunciar. O patrón maior Eduardo Martínez amósase decidido a levar ós responsables da Consellería de Pesca ó xulgado para que aclare os motivos de paralización das eleccións logo de a Conselleira Carmen Gallego ameazara a fin de semana con que a Xunta baralle a posibilidade de optar pola vía xudicial para resolver a paralización dos comicios.
A confraría de Vilanova traballa no calendario electoral á par que consulta con avogados a posibilidade de denunciar ante o xulgado o punto de parálise dos comicios que viven dende agosto de 2005. Esta postura xorde en resposta ás declaracións da Conselleira de Pesca a fin de semana a Vilagarcía nas que Carmen Calvo asegurou que a Xunta botará man dos xulgados se o Pósito non colabora con Pesca na súa intención de depurar o censo tras teren detectado ‘afiliacións indebidas’.
Unhas afiliacións que traen cola e que a Confraría non entende como indebidas, feito polo que son agora eles quenes pretenden acudir ó xulgado en busca de explicacións xa que van aló sete meses dende que se pararon as eleccións e as consecuencias están sendo nefastas. Dende o Pósito aseguran que acatarán o que determine a lei pero que non han ser eles quen marchen polo propio pé.
Redacción Salnés