![]()
A ILLA > A actual directiva do Céltiga pasa o relevo. A xunta que preside o clube decidiu en asemblea, esta fin de semana, que xa vai sendo hora de que outros tomen o mando do histórico clube arousán.
Cando Petote colleu as rendas do Céltiga fai catro anos, a intención principal era que o clube non desaparecera, hoxe, pola contra, vaise coa cabeza ben alta tras unha longa lista de éxitos acadados e de deixar ó clube nunha moi boa posición.
O Céltiga conta hoxe por hoxe con máis de 500 aboados e ten a preto de 140 rapaces adestrando nas distintas categorías. Petote, que remata a súa presidencia con superávit, cre que non faltarán candidatos que se presenten ás eleccións neste período de inscrición que deu comezo onte e que se extende ata o vindeiro 15 de abril.
Redacción Salnés







