Con Voz Propia 2006 traerá a Pontevedra a Ana Belén e Víctor Manuel en maio

    PONTEVEDRA > Ana Belén e Víctor Manuel en maio e Luz Casal en novembro. Esas serán algunhas das actuacións musicais que se celebren en Pontevedra dentro do ciclo Con Voz Propia 2006, que este ano chega á terceira edición.

    O primeiro concerto chegará o xoves 20 de abril da man dunha das pezas angulares da música vasca, Benito Lertxundi, que presentará un dobre disco co título “os que levan corenta anos aprendendo”, en homenaxe á súa dilatada carreira musical. O sábado 6 de maio Ana Belén e Víctor Manuel ofrecerán un concerto de máis de 2 horas con algún temas inédito como o que dá título á xira. O concerto de Luz Casal será o que peche o ciclo o 18 de novembro, pero antes a Nova Galega de Danza deleitará ós asistentes coa súa segunda proposta escénica “Engado”, que fala do mundo dos soños na vida real. Será o 28 de outubro. 7 días antes, o 21 de outubro, Habana Blues, un proxecto musical xurdido da gran pantalla, traerá a Pontevedra a músicos cubanos. O prezo de cada concerto é de 10 euros en venta anticipada e 12 na billeteira, excepto para Benito Lertxundi e a Nova Galega de Danza que costarán 6 en anticipada e 8 na billeteira.

    Redacción Salnés