![]()
RIANXO > Vivenda publicou no DOG a declaración de impacto ambiental do polígono de Té, tras ser remitida pola Dirección de Avaliación Ambiental.
A publicación do estudo de impacto ambiental supón un novo paso adiante para a posta en marcha do parque empresarial de Té en Rianxo, un proxecto altamente demandado tanto polo executivo como pola patronal local.
Os empresarios ven máis preto a creación de novo chan industrial trala publicación da declaración no Diario Oficial de Galicia. Agora, só resta o informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo e a aprobación definitiva do proxecto por parte do Consello da Xunta.
En total, o novo parque empresarial contará cunha superficie de 335.000 metros cadrados dos que preto de 202.000 serán de uso industrial e comercial, mentres que 62.416 destinaranse a zonas verdes e espazos libres, 2.296 a equipamentos e 17.493 para vías e aparcamentos
A Sociedade Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), na que a Consellería de Vivenda participa nun 15 por cento, é a encargada do desenvolvemento do parque. As características deste proxecto poden ser consultadas na páxina web www.conselleriavivenda.xunta.es
Redacción Barbanza







