Treboada de ideas para minimiza-lo impacto dunha área comercial

    xuntanzacamaracomercio_100_051006.jpgBARBANZA > Representantes da Cámara de Comercio de Santiago desprazáronse ata a comarca do Barbanza para manter varios encontros cos responsables do tecido empresarial da zona.

    Durante a xornada, os responsables da Cámara de Comercio de Santiago mantiveron tres encontros cos representantes das asociacións de empresarios de Ribeira, Boiro e da Pobra así como a patronal da construción barbanzá.

    A través dunha dinámica de grupo, baseada na técnica da tormenta de ideas, cada un dos asistentes aportou unha serie de solucións e alternativas de cara a minimiza-lo impacto negativo que a implantación dunha gran área comercial puidera ter sobre o pequeno comercio.

    Os representantes da Cámara de Comercio de Santiago, a través da súa antena cameral en Boiro, valoraron moi positivamente o resultado destas reunións posto que se conseguiu recopilar un gran número de ideas.

    A partir da agora, procederase a realizar unha filtración de tódalas propostas da cara a seleccionar as actuacións máis efectivas que serán as que se inclúan no estudo que está a desenvolver a cámara. Neste informe, ademais dos datos cuantitativos e cualitativos da comarca do Barbanza, preténdese incluír a visión real do empresariado da zona sobre os principais problemas que afectan ó pequeno comercio. A Cámara ten previsto dar por concluído o estudo a finais do presente mes, data en que se farán públicos os seus resultados.

    Redacción Barbanza