Pontevedra celebra con actividades culturais o “abril dos libros”

    PONTEVEDRA > En Pontevedra terá lugar todo este mes o denominado “Abril dos Libros”. Este programa de actividades compónse de actuacións musicais, obradoiros para os cativos, teatro, cine e actos culturais variados cos libros como protagonistas.

    A primeira actividade será mañá coa entrega de premios do sétimo Salón do Libro Infantil e Xuvenil ós centros escolares gañadores, e o xoves será presentado o libro- catálogo do salón. A programación Abril dos Libros inclúe obras de teatro de grupos de renome, caso do Centro Dramático Galego, que presentará a súa última obra “A Illa Reunión” o día 26, a presentación do último disco da Roda o 29, ou a presentación da película “El don de la duda” o vindeiro venres. Trátase dunha longametraxe do cineasta galego afincado en Madrid, Albert Ponte, e que foi rodada en cidades e vilas galegas, caso de varias localizacións ubicadas no Salnés. 

    Redacción Salnés