O PSOE da Pobra reclama unha ambulancia asistencial para a comarca

    POBRA > A Agrupación Local do PSOE da Pobra do Caramiñal vén de solicitar unha nova ambulancia do 061 para a localidade, debido a falla deste servizo en toda a comarca. Segundos os socialistas pobreses no Barbanza, incluíndo os concellos de Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira e Porto do Son, tan só se dispón de dúas ambulancias asistenciais para unha poboación aproximada duns 80 mil habitantes.

    Despois de estuda-la situación actual da asistencia de ambulancias do 061, a Agrupación Local do PSOE da Pobra do Caramiñal, considera necesario unha mellora deste servizo xa qeu en toda a comarca do Barbanza, incluíndo ó municipio de Porto do Son tan só se dispón de dúas ambulancias asistenciais: unha para cubrir  os concellos de  Rianxo e Boiro, con base neste último concello, e outra para cubrir Pobra, Ribeira e Porto do Son, con base en Ribeira.

    Segundo os socialistas pobreses debemos ter en conta que a única ambulancia que permanece na comarca é a de Ribeira, xa que o hospital de referencia de Rianxo é o Clínico de Santiago, polo que cando se realizan traslados de pacientes deste concello ó hospital a única operativa para o resto de concellos é a que ten base no concello ribeirés.

    Os membros do PSOE da Pobra fundamentan a súa solicitude no feito de que a extensión xeográfica da comarca ronda os 340 quilómetros cadrados, con unhas 533 entidades de poboación moi diseminadas, polo que a asistencia a pacientes nos domicilios convértese nunha verdadeira odisea, así como tamén a ampla poboación que nestes cinco concellos aproxímase ós 80 mil habitantes.

    Segundo eles esta situación xunto co alto índice de sinistralidade que se produce na Vía Rápida do Barbanza, que conleva tamén unha mobilización continua de recursos, failles pensar na necesidade da solicitude dunha base do 061 coa súa dotación asistencial para o municipio pobrés.

    Redacción Barbanza