A patronal pobresa considera imprescindiblle a ampliación da Tomada

    POBRA > A Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal amosou o seu total apoio á ampliación do polígono industrial da Tomada, xa que a consideran necesaria para evitar que as empresas opten por abandonar este municipio e se instalen noutros concellos veciños. Deste xeito saen ó paso tamén das manifestacións realizadas nos últimos días por representantes políticos de distintas formacións, tanto a nivel local coma comarcal.

    tomada_300_090606.jpgO presidente e o vicepresidente da Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal, Manuel Domingo Rodríguez e Manuel Tomé, respectivamente, compareceron en rolda de prensa para amosa-la súa postura sobre a necesidade de amplia-lo actua polígono da Tomada xa que segundo eles é imprescindible, dada a elevada demanda de empresas, tanto de nova creación como as que xa están alí asentadas, ás que lle urxe un terreo onde desenvolve-la súa actividade, senón viríanse na obriga de trasladarse a outros polígonos de concellos veciños.

    Da ampliación prevista do parque empresarial da Tomada en cen mil metros cadrados no PXOM, un total de sesenta mil están destinados á ampliación de empresas xa instaladas no dito polígono e os corenta mil restantes serían para cubrir servizos. Segundo os directivos da patronal pobresa algunhas destas empresas barallan na actualidade a posibilidade de reubicarse noutras zonas ó non poder ampliar as súas instalacións e asumindo a incompatibilidade de coordinar varias factorías. Por esta razón non entenden a postura adoptada polo secretario comarcal do PSOE, Blas García.

    Con esta comparecencia os membros da patronal pobresa queren transmitirlle ós empresarios da localidade e ós seus socios o seu apoio incondicional nesta reivindicación.

    Redacción Barbanza