O concello de Ribeira doa tres mil euros a Oncomet para o estudo da biopsia líquida

RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de asinar un convenio coa Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. A través deste acordo o Concello fará unha achega duns tres mil euros que serán destinados ó estudo da biopsia líquida.

O alcalde, Manuel Ruíz, e a presidenta da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, asinaban esta mañá no Concello o acordo entre ámbalas dúas entidades. O executivo ribeirense fará unha achega de tres mil euros a Oncomet para a adquisición de diverso material necesario para poder continuar coas súas investigacións. O rexedor destacou precisamente o labor desta entidade.

Pola súa banda, dende a Fundación, a súa presidenta, Eloína Núñez, agradeceu a aportación realizada polo Concello que lle permitirá a entidade poder seguir desenvolvendo o seu traballo de investigación.

No acto de sinatura do acordo tamén tomaron parte o director do Oncomet, Rafael López; a responsable da Unidade de Biopsia Líquida do grupo, Laura Muinelo; e o xerente do Hospital da Barbanza, Salvador Mariño.