Tres detidos en relación co secuestro ‘express’ do propietario de Carabel

    MEAÑO > Continúan as investigacións entorno ó secuestro do empresario de Meaño José María Cacabelos. Son xa tres os detidos por este caso que tivo lugar o pasado 9 de marzo. Os arrestados son tres homes mozos, con idades comprendidas entre os 23 e os 38 anos e con antecedentes penais. Os tres están detidos nos calabozos da Garda Civil en espera a ser chamados polo xulgado.

    camionsecuestrado_300_130306.jpg

    No rexistro, os axentes interviron cartos e documentación así como varios vehículos. Precisamente un deles puido ser mercado co botín obtido do secuestro do dono de Construcciones CaraBel. José María Cacabelos asegura non ter máis información e polo momento non quere tampouco da-la cara ante os medios xa que aínda ten moito medo. Dende un principio sospeitouse que o autor podería ser alguén moi próximo á vitima e parece que esta liña de investigación está sendo a correcta. A investigación continúa aberta e crese que podería haber aínda algún detido máis da comarca do Salnés.

     Redacción Salnés