Salomé Peña leva á Xunta o proxecto para ampliar a rede de saneamento

    saneamento100.jpgRIBADUMIA> O Concello destina 200 mil euros para ampliar a rede de saneamento en Leiromeán e A Costa, na parroquia de Leiro, …

    … Barral, en Besomaño, e Cunchidos – Rabuñade, en Ribadumia.

    A alcaldesa Salomé Peña presentará esta semana o proxecto ante a Consellería de Medio Ambiente, tal como acordara con Agustín Hernández na reunión que tiveron a finais de setembro. Con este proxecto, ampliarase a rede de saneamento en aproximadamente un quilómetro, que servirá para achegar o servizo a aquelas vivendas que están distanciadas das estradas xerais.

    O Concello ten pendente de execución o saneamento de Lois. A consellería conta cun proxecto de saneamento para esta parroquia que se achega ós 200 mil euros. Segundo indica o Concello, neste momento estase a redactar de novo, polas deficiencias técnicas que presentaba o expediente, pero afirma que se executará proximamente.

    Xunto co proxecto de saneamento, Salomé Peña entregará a Medio Ambiente os orzamentos para acondicionar e axardinar as rotondas da autovía do Salnés e do polígono de Cabanelas.

    Redacción Salnés