Tomás Fole non será deputado ó no conseguir ningún apoio do seu partido

    SALNÉS > Onte confirmouse o que lles vimos contando estes días. Tomás Fole non acadou ningún apoio para poder optar…

    …ó segundo escano que lle correponde ó PP do Salnés na Deputación. José Juan Durán volveuse a presentar e o partido decidiu que sexa él a persoa que continue neste posto durante os vindeiros catro anos. Os socialistas tamén confirmaron que Juan Luciano Otero Domínguez, Genito, número dous do PSOE na Illa de Arousa, será o seu deputado para a comarca.

    Tomás Fole non será deputado provincial. Durante a reunión mantida onte polo partido, o candidato dos populares vilagarciáns, argumentou que o seu grupo merecería un deputado por mor dos bós resultados conseguidos nas pasadas eleccións municipais. Outros concellos, como Sanxenxo tamén esgrimiron argumentos parecidos para facerse con este escano.

    A pesar dos intentos de Fole a través de Santiago para facerse con este posto, o Partido Popular decidiu depositar a súa confianza de novo en José Juan Durán que volveuse a presentar como candidato. Esta será a segunda lexislatura na que Durán ostente o cargo de deputado provincial.

    O PSOE confirmou ó seu único candidato, Juan Luciano Otero Besada, número dous da Illa de Arousa que ocupará o cargo que ata gora ostentaba Rodrigo Santiago,ten 65 anos esta casado e ten tres fillos. Leva no partido 8 meses e actualmente ostenta ó cargo de Portavoz e primeiro tenente alcalde na Illa. Durante 15 anos, o futuro deputado, foi director da sucursal de Caixa Nova. Despois pasou 3 anos de delegado de la confederación de Caixas de Aforros en Alemania. Desde fai 20 anos é interventor na oficina principal de Caixanova en Pontevedra.

    Redacción Salnés