MEIS> Meis queda sen a súa Feira do Galo de Curral. O concello decidiu suspender a edición deste ano ante a situación legal das produtoras. Só unha das criadoras conseguiu regularizar a súa situación. Aínda que afectadas pola cancelación da feira este ano, traballan co obxectivo de rematar os trámites a tempo para volver con máis forza e con todas as garantías no Nadal de 2026.
Esta imaxe terá que agardar, polo menos, ata o Nadal de 2026. Meis decidiu este ano suspender a súa Festa do Galo de Curral.
Tan lento e engorroso que só unha das produtoras do galo de Meis conseguiu regularizar a súa situación.
Agora, coa primeira experiencia xa superada, outras catro produtoras máis están a preparar a súa documentación. Outras non o poden facer porque non teñen a distancia mínima entre galiñeiros. Lamentan que as inclúen na mesma normativa que as grandes granxas de polos.
O concello, que lles prestou apoio en todo este proceso, agarda que todo quede resolto para ano que vén, para que a festa volva con máis forza e con todas as garantías. Aproveita a alcaldesa para animar a máis veciños a criar galos.
Así que se todo vai segundo agardan, a Feira do Galo de Meis volverá ao 100% no Nadal de 2026.











