O Apalpador rematou o seu percorrido deste nadal nos concellos de Pontecesures, Vilagarcía, Caldas e Portas

PONTECESURES> Os nenos e nenas de Pontecesures, Vilagarcía, Portas e Caldas gozaron este mércores coa visita do Apalpador. O home do Courel achegouse ás diferentes vilas para que os máis pequenos coñezan a tradición do nadal galego gozando coa súa música, os seus bailes e os seus xogos.

O Apalpador rematou este mércores o seu percorrido visitando as diferentes vilas da provincia de Pontevedra. A deputación pon en valor de novo esta figura tradicional de Galicia dentro da oitava edición do nadal galego. Entre as vilas que visitou este mércores para animar aos nenos e nenas da vila, o home do Courel chegou a Pontecesures. A súa primeira parada foi a Prazuela da igrexa.

Coa visita do Apalpador, os nenos e nenas votáronse as rúas para gozar e aprender coas cancións, bailes e xogos tradicionais galegos.

Precisamente, poñer en valor a tradición e a historia e historias de Galicia é un dos obxectivos da Deputación de Pontevedra co percorrido do apalpador.

Os máis pequenos non foron os únicos que gozaron coa visita do Apalpador, os pais, nais, membros da corporación local e de máis veciños tamén cantaron e bailaron coas cancións do home do Caurel. O Apalpador rematou o seu percorrido deste nadal, visitando máis concellos da nosa contorna como Vilagarcía, Portas e Caldas.