Cambados solicita a Portos a titularidade de 36.000 metros cadrados de terreos

CAMBADOS> Cambados segue dando pasos na súa particular cruzada para que terreos de Portos pasen a titularidade municipal. O concello presentou unha solicitude no organismo autonómico na que demanda a desafectación de 36.000 metros cadrados. Inclúese, por exemplo, o Paseo da Calzada ou a zona do centro de saúde. O goberno local explica que xa está asumindo o mantemento destas zonas con fondos municipais e que, aínda por riba teñen que paga-las taxas a Portos por uns terroes que xa non teñen usos portuarios.

Din goberno local que non queda en Cambados ningún veciño que lembre as lanchas varadas no que hoxe é o Paseo da Calzada. Esté é un dos espazos que pertence a Portos de Galicia e que o concello quere que pase a ser de titularidade municipal. En total , Cambados solicítalle ao organismo autonómico a desafectación de 36.000 metros cadrados de zonas que xa non teñen uso portuario.

Entre esas zonas, por exemplo, ademais do Paseo da Calzada e das Palmeiras, a contorna do centro de saúda e do mercado, a alameda de San Tomé ou a contorna do Salón Peña. No goberno local, insisten en que están asumindo uns custos que van máis alá dun mantemento ordinario.

E a isto, indica o goberno local, hai que engadi-las taxas que Portos cobra ao concello por eses terreos. En Cambados, roldan os 100.000 euros ao ano.

Ao mesmo tempo, o Concello de Cambados xa iniciou o proceso para a da desafectación da zona do Pombal, que pertencen a Costas do Estado, e onde se asentan as instalacións deportivas e a piscina municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí