O bo tempo anima ós fieis a participar nos actos relixiosos do Domingo de Ramos

    COMARCAS > As celebracións do Domingo de Ramos marcaron o comezo da Semana Santa na comarca. Os ramos e as palmas protagonizaron a xornada, na que o bo tempo animaba a saír á rúa. Nenos e adultos participaron nas distintas  procesións celebradas en toda a comarca, unha vez bendecidos tódolos ramos.

    A escaseza de chuvia durante a xornada do domingo 9 de abril motivou que non houbese excusa para comezar a participar nos actos que se abren a partir de agora, de cara ás múltiples celebracións relixiosas de Semana Santa. A tradicional bendición dos ramos dá comezo cada ano á celebración da Semana Santa na maior parte das localidades, anque nalgunhas delas os actos xa comezan na semana previa. A bendición é un dos momentos máis agardados de toda a celebración do domingo de Ramos e un dos momentos que conta con maior interese por parte dos fieis. 
    As celebracións relixiosas, coidadas ata o mínimo detalle, están chamadas a converterse nun reclamo turístico para toda a comarca, e á espera da chegada dos festivos, que serán os días de maior afluencia de visitantes, Sanxenxo xa conta polo momento cunha ocupación hoteleira do 80%. 

    Redacción Salnés