Mar explica en ACUI a Estratexia Galega de Acuicultura

    O GROVE> A acuicultura emprega a día de hoxe a 22.000 persoas en Galicia xerando un valor de 182 millóns de euros;…

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_acui_101012.flv{/flowplayer}

    … o que dá idea da importancia deste sector do mar. Para regular esta actividade puxante o goberno galego ven de elaborar a Estratexia Galega de Acuicultura, que ven de explicar polo miúdo o Secretario Xeral do Mar, Juan Maneiro, na que foi a primeira das poñencias incluídas na décimo quinta edición de ACUI; o Foro de Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Baixas, que está a ter lugar no Grove.

    E é que esta actividade vai a supoñer unha baza importante no futuro se se ten en conta que é a única forma de satisfacer as necesidades alimenticias do poboación nos próximos anos, que a FAO cifra nun incremento de 37 millóns de toneladas de peixe e productos do mar. Arestora a acuicultura galega produce unhas 232.000 toneladas anuais de productos de calidade; unha actividade que se virá a regular ca Estratexia Galega de Acuicultura da Xunta de Galicia.

    O Goberno Galego defende pois a acuicultura tamén como dinamización socioeconómica das áreas periféricas, ó tempo que completa a actividade extractiva. Un apoio a este tipo de actividade que toma forma no Plan Director da Acuicultura do Litoral. Este é o vieiro de futuro para o Goberno Galego, tal e como xa propuxeron ante a Comisión Europea, á hora de elaborar a Política Pesqueira Común, que en breve regulará ó sector pesqueiro galego.

    A maiores de coñecer a fondo o contido da última normativa autonómica sobre acuicultura, os máis de douscentos participantes na edición deste ano de ACUI puideron asistir a unha mesa relacionada co Campus do Mar, no que confluíron tódolos grupos de investigación do sector do mar. Amais, das mesas habituais de acuicultura, marisqueo e pesca de baixura e outra de empresa de recursos.

    Redacción Salnés