CALDAS> Así o informou este mediodía a comisión de seguimento da fábrica de Clesa trala reunión que mantiveron onte cos administradores concursais.
{flowplayer}images/salnes/RESULTADO_XUNTANZA_CLESA_MADRID.flv{/flowplayer}
O ERE extintivo non se aplicará ós traballadores da fábrica de Clesa ata que un dos inversores certifique que se vai a quedar coa planta e especifique o cadro de persoal que necesite.
Esta confirmación foi o principal motivo para que a comisión de seguimento saíse satisfeita da xuntanza cos administradores concursais. Segundo lles informaron iniciaron a tramitación para adiantar traballo.
Neste senso, tanto traballadores coma forzas políticas teñen preferencia por unha das dúas ofertas existentes porque garante o mantemento da plantilla cun cadro de incorporación temporal.
En relación ós inversores, os administradores concursais pediron a colaboración das forzas políticas xa que consideran que as ofertas se poderían mellorar. Así mesmo transmitíronlles o cometido de animar á Xunta a lideralo proceso no tramo final.
Mentres tanto, o vindeiro luns a comisión reunirase co director de Traballo en Madrid. Ademais, teñen previsto manter unha xuntanza co Conselleiro de Industria para transmitirlle tódolos detalles da reunión cos administradores concursais.
Redacción Salnés