BARBANZA> Será o único dos tres sindicatos maioritarios que opte por conmemorar esta data na comarca, cunha mobilización en Ribeira que partirá, ás doce, dende a Praza do Peixe. Seguindo coa mesma liña mantida nos últimos anos, a CIG Barbanza celebrará o primeiro de maio cun acto na comarca. O lugar escollido unha vez máis por este sindicato para a celebración desa data especial será Ribeira, con saída dende a Praza do Peixe ás doce da mañá para percorrer posteriormente as principais rúas da localidade. Baixo o lema ‘Emprego e salarios dignos na nosa terra’, os afiliados da Central Intersindical Galega pensan que existen motivos máis que suficientes para mobilizarse o próximo venres.
Inicio Barbanza - Muros - Noia











