A ponte de Noia reabre ó tráfico parcialmente

    NOIA> A Xunta reabriu xa de xeito parcial á circulación a ponte sobre a ría de Noia. A infraestrutura permanecía pechada ó tráfico dende a pasada fin de semana debido ós desprendementos das barreiras sonoras provocados polo temporal. A apertura realízouse mediante a habilitación dun carril para o tráfico rodado, dando paso alternativo a cada sentido de circulación, coas medidas necesarias para garantir a seguridade, así como coas correspondentes sinalizacións. Dende a propia Axencia Galega de Infraestruturas informouse ademais de que só se permite a circulación de vehículos e non a de peóns. Esta situación de apertura parcial será necesario mantela o tempo necesario para poder continuar cos labores de desmontaxe, o cal se estima nun par días.