Tráxico balance de Semana Santa

    MEIS > Tráxico balance de Semana Santa nas estradas da provincia de Pontevedra. Un total de 61 accidentes de tráfico con 9 mortos e 15 feridos graves. No Salnés, rexistráronse sete falecidos en tan só tres sinistros, unha saída de vía en Caldas, e dous choques na Vía do Salnés.

    accidenteviasalnes_3_300_170406.jpgAs estradas do Salnés cobráronse nos últimos 15 días un total de sete falecidos. É o triste balance que nos presenta a Operación Especial de Semana Santa 2006. Éste que están a ver foi o máis grave. Ocorría o Venres Santo pouco antes das tres da tarde na Via de Automóviles do Salnés, á altura do concello de Meis. Un Hyundai Coupé conducido por un mozo de 18 anos e sen permiso de conducir perdeu o control e levouse por diante a dúas motos suzuki de gran cilindrada. Os servizos de emerxencia atopáronse cun espectáculo terrible, catro cadáveres na estrada e outro no interior do hyundai. O conductor, Hugo P.G veciño de Marín resultou ferido leve.

    accidenteviasalnes_1_300_170406.jpgOs falecidos son Celso Javier Contreras Castro, xornalista e veciño de Meis de 44 anos, Remedios Estévez, veciña de Poio de 51, Raquel Bosquet, de Ourense e de 34 anos, María del Carmen Seoane, veciña de Vigo de 41 anos, e Mónica Giménez, veciña de Marín de 38 anos e nai do conductor do Hyundai. O mozo permanece ingresado no Hospital Montecelo ata que esté en condicións de declarar ante o xuiz de Cambados, que instrúe o caso. Este luns un equipo técnico da Garda Civil de Tráfico de Madrid reconstruía o accidente para completar o atestado e as dilixencias xudiciais.

    Non foi o único suceso mortal nesta vía do Salnés. A pasada madrugada falecía Alfonso Suárez Cores, vilaxoanés de 25 anos, na interxección con saída á PO 539 en Corbillón. Neste sinistro resultaron feridos graves outros dous mozos, Ángel Manuel Irago Redondo de 35 anos e veciño de Vilanova, e Ramón Núñez Lorenzo, veciño da Illa de Arousa de 23 anos. Foi o resultado dunha fatal colisión entre un Ford Focus 4943 BNJ e un Volkswagen Golf 8915 CKM. A causa, previsiblemente a alta velocidade á que circulaban.

    O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, destacou que nesta provincia se rexistraron 61 accidentes na Semana Santa, con 9 mortos e 15 feridos graves. A maior parte dos sinistros foi por imprudencias, e de novo, con altas taxas de alcol. Nos últimos 15 días ata 350 conductores deron positivo nas probas de alcoholemia realizadas pola Garda Civil de Tráfico, unha cifra que está por riba da media rexistrada cada mes na provincia.

    Redacción Salnés