Internautas de Cambados mailo Grove convocan un macrobotellón para este sábado

    SALNÉS > A moda dos macrobotellóns que se está a estender por toda España coma a pólvora chegou ó Salnés. A través de mensaxes por móbil ou por Internet, mozos e mozas de municipios da comarca estanse a dar cita para este sábado en lugares como a praza do Corgo no Grove ou a de Fefiñáns en Cambados. Algúns concellos estudan xa a posibilidade de tomar medidas preventivas.

    mailmacrobotellon_300_140306.jpgA praza de Fefiñáns en Cambados é unha das zonas propostas polos internautas para celebrar un macrobotellón este sábado. A través de Internet e de mensaxes ós móbiles os internautas pretenden congregar a beber ó maior número posible de persoas.

     Se en Santiago de Compostela a pasada semana se retaba a superar a cifra acadada en Sevilla, os mecos que convocan na praza do Corgo e os cambadeses que convocan en Fefiñáns non queren ser menos. A cifra que se acadará non se sabe aínda, en Cambados alomenos teñen claro que aínda que non se vai prohibir a súa celebración o que non se consentirá é que sexa a praza de Fefiñáns o escenario.

    Redacción Salnés