O concello de Sanxenxo pide a Subdelegación do Goberno que aumente o dispositivo de seguridade na vila

    SANXENXO> O concello de Sanxenxo volveu a solicitar a Subdelegación do Goberno un incremento de efectivos para os fines de semana, especialmente para o control da zona de ocio nocturno, onde se rexistraron algúns altercados nas últimas semanas.

     

    Que Sanxenxo é unha vila que en verán se convirte en cidade non é unha sorpresa para ninguén, aínda que debido a crecente afluencia de turistas procedentes de toda España, dende o concello consideran que non estaría de máis aumentar o número de efectivos de seguridade que garantan a tranquilidade na vila.

    Por iso o concello solicitou formalmente a Subdelegación do Goberno, que aumente a dotación de efectivos de seguridade, a lo menos durante as fins de semana. 

    Pola súa parte a Subdelegación do Goberno en Pontevedra defende que Sanxenxo ten un operativo estival máis que suficiente, debido a que ocupa un lugar central nas preocupacións de seguridade da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, con un operativo que está dimensionado as previsións dos visitantes puntuais e da poboación flotante que se traslada ao municipio durante un par de meses o ano. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/03/reforzo_seguridade_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/03/reforzo_seguridade_sanxenxo.mp4{/flowplayer}