Inaugúranse as novas instalacións de SOAGA no Polígono de Baión

    inauguracion_soagacopy.jpgVILANOVA> O Grupo comercializan todo tipo de produtos relacionados coa gandería e a agricultura. O ano pasado facturaron uns 167 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_SOAGA.flv{/flowplayer}

    Fai case corenta anos que o Grupo Soaga distribúe e comercializa todo tipo de produtos para a agricultura e gandería. Desde os seus comezos foron moitos os cambios que experimentou, tanto a nivel loxístico coma humano. Agora, estrea novas instalacións no Polígono de Baión, en Vilanova de Arousa, ubicadas nunha superficie de dez mil metros cadrados.

    Nesta inauguración tamén estivo presente o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, quen resaltou que SOAGA é un exemplo a seguir polas industrias da zona e un motor moi importante xa que da emprego a cantidade de persoas da comarca e arredores.

    E é que nestes momentos o Grupo SOAGA dá traballo as 250 persoas de maneira directa. 55 delas operan nestas novas instalacións, que son o centro de planificación e desenvolvemento da maioría das actividades. E foi este equipo humano o que contribuíu, sen dúbida, a que o grupo siga crecendo a día de hoxe, tal e coma resaltou o seu director xeral.

    A día de hoxe o grupo empresarial está composto por dez empresas. Soaga Galicia é o buque insignia do Grupo, ó que dá nome. Desde estas novas instalacións comercializan todo tipo de produtos relacionados coa gandería e a agricultura. Así mesmo, a través de tódalas súas empresas, o Grupo pon a disposición dos seus clientes un amplo equipo profesional especializado.

    Todo este traballo permite a SOAGA falar de cifras de facturación duns 167 millóns de euros en 2011, 50 correspondentes a Soaga Galicia. Con todo, a previsión é crecer un vinte por cento máis este ano. Ante estes datos, desde o grupo xa están a traballar en novos proxectos. Entre eles, atópase o interese en adquirir unha nova parcela ó carón das novas instalacións.

    Dita parcela estaría destinada a ampliala zona de almacenaxe.

    Redacción Salnés