A zona da Bouza, en S. Xoán de Poio, xa conta con saneamento

    POIO > O delegado de Medio Rural en Pontevedra achegouse ata Poio para revisa-lo estado dunhas obras que ven de executa-lo seu departamento. Trátase da instalación das redes de saneamento e abastecemento de auga e do pavimentado dun vial que transcorre pola zona da Bouza, en San Xoan de Poio. No seu percorrido o delegado estivo acompañado polo rexedor local.

    O alcalde de Poio e o delegado da Consellería de Medio Rural en Pontevedra percorreron varios metros da estrada que transcorre polo lugar da Bouza, en San Xoan de Poio. O motivo da visita era revisa-las obras executadas por esta Consellería e que se mantiveron tralo cambio de goberno da Xunta. E é que estes traballos foran planificados polo anterior goberno do PP pero mantivéronse debido, segundo o delegado provincial, ó interese que teñen para a Consellería as obras de saneamento e abastecemento de auga.
    Precisamente Medio Rural e o Concello de Poio asinaron outro convenio moi semellante e que permitirá dotar de servizos a outras dúas zonas do municipio: San Louriño e Sartal.
    Sobre a necesidad e de sanear a zona de Raxó denunciada polo PP local, o alcalde asegurou que é consciente desta obriga e que xa está en negociacións coas administracións competentes para dotar á zona dunha depuradora e dun sistema de saneamento eficaz.
    Redacción Salnés