Óscar España será ratificado en asemblea coma presidente da ABE

    BOIRO> A súa candidatura foi a única que se presentou para optar á presidencia da patronal boirense. Este mediodía pechaba o prazo de presentación de candidaturas á presidencia da Asociación Boirense de Empresarios cunha única candidatura recibida, a xa coñecida do empresario do sector da hostalería, Óscar España, propietario da cervexería Gulligans. Dase a circunstancia de que España xa ocupaba o cargo de tesoureiro na xunta directiva saínte. A asemblea xeral de socios, na que se ratificará a Óscar España coma novo presidente da patronal boirense, un cargo que desempeñará para os vindeiros dous anos, está convocada para mañá mércores, a partir das nove da noite, nos propios locais da entidade.