Teresa Pedrosa abandona a presidencia local do Partido Popular

    roldaprensatelmomatin_100_240707__still_002.jpgPONTEVEDRA > Teresa Pedrosa fixo hoxe pública a súa dimisión como presidenta local do Partido Popular de Pontevedra …

    … nunha rolda de prensa celebrada esta mañá no concello. Pedrosa estivo acompañada polo portavoz Telmo Martín que foi presentado como un firme candidato á presidencia na próxima Asemblea. O portavoz do PP contestou á proposta de Pedrosa de presentarse a presidencia cunha afirmación rotunda pese a recordar que calquera afiliado se pode presentar sempre que cumpra cos estatutos do partido.

    Teresa Pedrosa puxo o cargo de presidente local a disposición do partido, sen embargo isto non significa un adeus pois seguirá mantendo a súa presencia no Partido Popular como deputada provincial , como membro da executiva provincial do partido e como concelleira. O seu cargo de presidenta pasará a novas mans no próximo Congreso Local que se celebrará a finais de setembro ou principios de outubro. Neste Congreso desvelarase se Telmo Martín se converte ou no en presidente local do Partido Popular.

    Redacción Salnés