Ausencia non xustificada do PSOE ribeirés no último pleno

    RIBEIRA >corporación municipal de Ribeira celebrou na tarde do luns unha sesión plenaria que, por pimeira vez, non contou con ningunha representación do grupo socialista. O executivo foi altamente crítico pola actitude amosada polo PSOE que, nin notificou nin xustificou a súa ausencia. Neste sentido, o goberno local considera que a oposición debe facerse no pleno e non ante os medios de comunicación.

    pleno_300_270606.jpgA ausencia dos concelleiros do PSOE sorprendeu a tódolos membros da corporación dado que é unha situación excepcional na historia da política municipal. Posto que os socialistas non se puxeron en contacto co executivo as especulacións sobre a súa ausencia foron varias aínda que a maioría coincidiu en destacar que a maioría das mocións a debater afectaban ás consellerías de cor socialista, o que podería resultar ‘incómodo’ para os membros do partido a nivel municipal.

    No transcurso do pleno procedeuse á modificación, por unanimidade, do prezo público por asistencia á gardería e do regulamento do seu funcionamento interno.

    Non houbo o mesmo acordo á hora de elixir o nome da praza ubicada no Campo da Feira. A denominación proposta polo executivo de ‘Praza do Centenario’ foi aprobada os votos a favor dos concelleiros populares e en contra do BNG e IPdeR que consideran que se debe manter o seu nome tradicional.

    Pola contra, os populares entenden que o centenario constitúe un acontecemento histórico de grande importancia que se merece unha praza céntrica. Así mesmo, lembraron que está prevista a asistencia do rei á súa inauguración.

    A sesión plenaria proseguiu co debate de tres mocións presentadas polo concelleiro popular, Manuel Ruíz, que foron aprobadas por unanimidade. A primeira urxe a necesidade de nomear canto antes ó presidente da xunta rectora do Parque Natural de Corrubedo posto que na actualidade as decisións están a ser tomadas pola Xunta en lugar de facelo o organismo responsable que conta coa representación de tódolos sectores afectados.

    Tamén por unanimidade, o pleno decidiu instar á Xunta de Galicia a que manteña o cobro das taxas pola instalación de terrazas no malecón tal e como estaba ata o momento. A intención é que o concello siga a recadar o mesmo importe para facer fronte ás labores de limpeza e mantemento. De non ser así, solicitase que Portos asuma con carácter retroactivo o gasto asumido polo concello nestas tarefas ata o de agora. Así mesmo, acordouse solicitar á Xunta a axilización no porxecto da nova Unidade Asistencial ás Drogodependencias.

    A moción presentada polos nacionalistas en relación á mellora dos servizos básicos na parroquia de Carreira non saíu adiante debido ós votos den contra do PP que antes de acometer ningunha actuación pretende chegar a un acordo cos veciños para que asuman certos custos derivados dos problemas técnicos que poden conlevar algunhas actuacións.

    O mesmo aconteceu con outra iniciativa nacionalista que solicitaba unha maior utilización da biblioteca municipal co desenvolvemento de políticas de lectura activa. Os populares votaron en contra por entender que as dependencias da biblioteca aestán a ser utilizadas correctamente e contan cunha participación activa dos cidadáns.

    A corporación acordou tamén a estricta aplicación da legalidade para garantir a accesibilidade e erradicar as barreiras arquitectónicas solicitada por IpdeR. Sen embargo non houbo acordo na necesidade dun maior seguemento nas obras que se están a realizar actualmente no municipio posto que o grupo de goberno entende que se están a respectar tódolos criterios de accesibilidade.

    O BNG solicitou tamén un maior seguemento dos vertidos que se producen no municipio. os populares votaron en contra xa que, o seu parecer, estase a aplicar a normativa co establecemento de duras sancións ós infractores.

    O fomento da utilización da enerxía solar nas instalacións municipais foi aprobado por unanimidade, ó igual que diversas melloras nas parroquias de Carreira, Castiñeiras e Corrubedo.

    Redacción Barbanza