Sanxenxo fai balance en Fitur dun 2025 ‘fenomenal’ en materia turística

SANXENXO> Sanxenxo aproveitou esta segunda xornada de Fitur para facer balance dos datos turísticos do 2025.

Dende Madrid, o concello fala dun ano ‘fenomenal’ con preto dun millón de visitantes. O concelleiro de turismo, Juan Deza, destaca que deles o 32% xa se achegaron en municipio en tempada baixa, o que demostra o traballo que se está a facer no municipio a prol da desestacionalización.