Dulcinea Aguín promete unha xestión transparente no Concello de Sanxenxo

    dulcineaaguin100_160407.jpgSANXENXO > Transparencia. Esta é unha das principais promesas que lanza o PSOE de Sanxenxo. Dulcinea Aguín presentou esta fin de semana …

    … a súa candidatura e o seu programa electoral respaldada por unhas 250 persoas. A candidata socialista insistiu en que a transparencia será o eixo central da súa xestión.

    dulcineaaguincandidatura200_160407.jpgUnhas 250 persoas acompañaron a Dulcinea Aguín durante a presentación oficial da candidatura do PSOE á alcaldía de Sanxenxo. O partido organizou unha cea na que a alcaldable contou ademais coa presenza de diversos responsables da agrupación como Modesto Pose, Antón Louro e doutros candidatos socialistas da comarca como o vilanovés Rodrigo Santiago ou o cambadés Domingo Tabuyo. Dulcinea Aguín aproveitou o acto para esbozar as liñas básicas do seu programa electoral ademais de presentar a lista coa que concorrerá ás eleccións do 27 de maio. Segundo indicou trátase dun grupo de persoas de gran valía e traballadores.

    A candidata socialista insistiu en que a transparencia será o eixo central da súa xestión, fronte ó escurantismo actual. Para iso, afirmou que fomentará o diálogo cos veciño e que negociará cos colectivos afectados as súas teses. O rural será unha das súas prioridades e prometeu igualar os investimentos do casco urbano e o das parroquias. Aguín informou que o seu programa recolle un desenvolvemento urbanístico acorde coas necesidades da poboación, cunha aposta pola vivenda protexida. Comprometeu tamén a creación dun centro de formación no polígono industrial, e tamén dunha escola de turismo para Sanxenxo.

    Redacción Salnés