Unha delegación de Murcia visita a Ruta do Viño Rías Baixas pra coñecer as claves do seu éxito

VILANOVA> Unha delegación de Murcia visita a ruta do viño Rías Baixas para coñecer as claves do seu éxito. Os 28 enoturistas profesionais proveñen da ruta do viño das Bullas. Durante esta semana estarán coñecendo as subzonas do Salnés e do Condado da Tea gozando de diferentes experiencias vitivinícolas, gastronómicas e turísticas.

O éxito da Ruta do Viño Rías Baixas, recoñecida como a mellor ruta do viño de España no 2022, leva a moitos expertos enoturísticos a visitar a nosa contorna para coñecer as claves destes recoñecementos. Esta semana, é unha delegación de Murcia a que está descubrindo o potencial das Rías Baixas.

A delegación murciana ven concretamente da ruta do viño de Bullas. Os 28 expertos están a gozar de diferentes experiencias vitivinícolas, gastronómicas e turísticas nas subzonas do val do Salnés e do Condado da Tea.

Dende a ruta do viño cualifican como moi importantes estas visitas, xa que poñen de manifesto que están facendo as cousas ben e ademais promocionan a ruta noutras zonas enoturísticas.

A delegación de Murcia resaltou o seu interese de visitar a ruta de viño Rías Baixas para coñecer cales son as claves do seu éxito.

Os expertos están valorando de forma moi positiva o seu paso polas Rías Baixas. Sinalan que xa se levan algunhas ideas para poñer en marcha na Ruta do Viño de Bullas.

Os visitantes agradeceron o trato recibido nas Rías Baixas e o poder realizar actividades alternativas como por exemplo ir a mariscar. Dende a Ruta do Viño Rías Baixas sinalan que o enoturismo está mellorando de novo e que están recibindo numerosas visitas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí