Fenosa cede ó concello a vella central eléctrica de Segade

    concello_caldas_copia.jpgCALDAS> A cesión é por cincuenta anos, renovable cada dez. A principal posibilidade é que teña un destino turístico.

    {flowplayer}images/salnes/FENOSA_CALDAS.flv{/flowplayer}

    A Sociedade Gas Natural, á que pertence Unión Fenosa ven de acadar un principio de acordo co concello de Caldas de Reis para a cesión da vella central eléctrica de Segade, tamén coñecida como ‘fábrica da luz’.

    Unha aspiración tanto veciñal coma gobernamental, tal e coma confesaba o alcalde deste municipio, Juan Manuel Rey. Informou, ademais que xa conta cun borrador do convenio de cesión que agardan poder asinar antes de que finalice a lexislatura e incluso antes da precampaña. A cesión dos terreos é por cincuenta anos, renovables cada dez.

    A cesión de uso non implica ningún canon nin contrapartida e afectaría tanto ó edificio como á cheminea e á finca de dúas coma cinco hectáreas de superficie.

    Se ben aínda non está decidido a que se vai destinar a infraestrutura, a principal posibilidade que baralla o concello é a de desenvolver un proxecto turístico, lúdico e de deportes de aventura.

    Se ven a partires de mañá comezarán a traballar para tratar de sacar adiante o proxecto. Para iso, tamén teñen previsto buscar financiamento.

    Por último, o alcalde deste concello sinalou que esta infraestrutura, a pesares do estado ruinoso no que se atopa, está chamado a xerar riqueza.

    Redacción Salnés