Poio axudará á cidade de Belén a levantar a súa economía

    POIO > O concello de Poio axudará á cidade palestina de Belén a levantar a súa economía. O alcalde Luciano Sobral recibiu ó seu homónimo palestino Víctor Batarseh o pasado sábado, dentro dunha rolda de visitas que continuou logo en Pontevedra e Santiago. O alcalde de Belén explicoulles a difícil situación que viven os habitantes desta cidade trala construcción do muro israelí.

    alcaldebelenpoio_300_240406.jpgO alcalde de Poio, Luciano Sobral, recibiu o sábado ó rexedor de Belén, Víctor Batarseh, que acudiu a España para establecer contactos con concellos e institucións e tratar así de levantar a difícil situación económica que vive esta cidade palestina. Batarseh explicou que trala contrucción do muro israelí Belén converteuse nunha cárcel, da que os seus habitantes non poden entrar e saír de Belén nin para estudiar nin para recibir un tratamento médico sen permiso da autoridade israelí. Isto afectou sobre todo ó turismo, o seu principal recurso económico e provocou que un 55 por cento da poboación de Belén esté no paro.

    O Concello de Poio prestará a súa axuda á cidade de Belén no asfaltado de rúas, iluminación e rehabilitación de lugares de interese, ademais de apoiar proxectos de formación para mulleres en oficios e artesanía. O alcalde Luciano Sobral tamén lle transmitiu a súa solidariedade co pobo palestino na súa loita pola liberdade.

    Redacción Salnés