Vivenda asumirá a rehabilitación integral de vivendas en San Francisco

    CAMBADOS > A Consellería de Vivenda e Solo elaborará un proxecto de rehabilitación integral do barrio de San Francisco, en Cambados, para a recuperación de 5 edificios cunhas 45 vivendas. Así llo transmitiu ós veciños a directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero.

    barriosanfranciscocambados_300_250406.jpgA Consellería de Vivenda adopta esta decisión tras escoitar as solicitudes dos veciños do barrio de San Francisco. Tense en conta que as casas obxecto de rehabilitación xa están protexidas ó estar integradas na ARI. Nun primeiro informe, elaborado ante a petición dos veciños de axudas individuais para rehabilitación no interior das vivendas e tratamento exterior, detectáronse deficiencias que teñen que ver con aspectos estruturais dos edificios, en tellados, illamento térmico ou muros afectados pola humidade, así como deficiencias de ventilación e outras nos espazos comúns.

    Precisará dun investimento importante, que será determinado unha vez que os técnicos elaboren o proxecto, e que se engadirá ó previsto para a Área de Rehabilitación Integral de Cambados. Na actualidade, esta cantidade ascende a preto de 600.000 euros para 62 actuacións de rehabilitación. Segundo informou ós veciños a directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, no mes de maio os técnicos redactores desprazaranse ata San Francisco para estudar os edificios e vivendas e poder redactar o Proxecto de Rehabilitación.

    Redacción Salnés