O Intecmar amósase pesimista sobre os niveis de toxina no mar

    AROUSA > As bateas están cheas de mexillón que non se pode extraer e por tanto as cordas permanecen ocupadas polo que algúns productores optan por esperar para comeza-la nova crianza. Finalmente decidiuse seguir adiante. Mentres tanto persiste a marea vermella. Pese a que xa se puido abrir un polígono, as expectativas do Intecmar non son moi boas.

    Se dende Opmega falaban do peor ano da historia, dende o Intecmar reafirman que se trata dun ano excepcional. Facía moitos anos que non se rexistraba toxina paralizante na ría arousana e que os niveis de diarreica eran tan altos.

    Esta situación obrigou a pechar practicamente tódolos polígonos galegos e impide incluso tomar medidas alternativas como o reparqueo.

    As expectaticas do Intecmar non son boas a curto prazo, sobre todo tendo en conta as condicións climatolóxicas destes días.

    Dende a Xunta de Galicia recoñecen que éste foi un ano especialmente malo. Ó peche destes días hai que unirlle o que tivo lugar en marzo e que mantivo moitos polígonos pechados ata setembro. Sen embargo insisten en que hai aberta unha liña de axudas de Europa ás que poderán acollerse os productores prexudicados.

    Redacción Salnés