Os empresarios de Pontevedra danse cita nun ‘afterwork’ en Sanxenxo

SANXENXO> Os empresarios de Pontevedra déronse cita onte á noite en Sanxenxo. Aempe reuniu na localidade a boa parte dos seus asociados nun afterwork que serviu para crear lazos entre empresas e tamén vínculos entre os propios empresarios.

Neste mundo no que a humanidade corre máis que o tempo, hai veces nas que toca facer un alto no camiño. Iso foi o que fixo onte á noite a Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra. A organización escolleu a Sala Nauta de Sanxenxo para celebra-lo seu segundo afterwork ‘O que dure un xamón’.

En total, puxéronse cara uns 100 emprendedores. O afterwork serviu para que todos eles falasen dun xeito distendido da súa actividade. A iniciativa, ten un ton moi distendido. Ademais, Aempe apostou por customizala un chisco.

Ademais, o colectivo introduce factores sorpresa durante o evento. A empresa sorpresa da noite foi ‘Naútica Paco’ de Sanxenxo, unha institución -din dende Aempe- dentro do sector turístico da localidade. Outro dos pratos fortes é a intervención dun xornalista. Onte foi a quenda de Manuel Jabois.

A terceira edición do Afterwork será en setembro, nas instalacións da Autoridade Portuaria de Marín.