Actividades divulgativas e lúdicas para festexar os 400 anos do Muíño da Seca

CAMBADOS> O Muíño da Seca, en Cambados, celebra o seu 400 aniversario. Na localidade queren aproveitar esta efeméride para dar a coñecelo entre os veciños da vila e de toda a contorna. Para iso, o concello organiza varias actividades divulgativas e lúdicas. Entre eles, un seminario no que se reunirán os principais axentes locais, que poidan aportar luz sobre as orixes desta xoia do patrimonio popular.

Dentro do rico e variado patrimonio de Cambados atópase esta xoia, mesmo descoñecida para algúns veciños da vila. Trátase do Muíño da Seca, unha xoia do patrimonio popular, que fai agora 400 anos. Aproveitando a ocasión, o concello deseñou unha serie de iniciativas para dar a coñecer tanto o muíño como o seu estanque. O programa inclúe actividades divulgativas e lúdicas. Nesta última parte, da man da asociación Xironsa.

A outra actividade, un concerto didáctico o 10 de xullo no que Treixadura interpretará Muiñadas do Mar. Dende Xironsa, celebran a colaboración.

Na parte divulgativa, a principal iniciativa é un seminario que se celebrará no propio muíño no mes de setembro.

Dentro das actividades de formación, tamén haberá ao longo do mes de agosto saídas medio ambientais polo estanque da seca, da man de Manolo Domínguez. Serán de balde, previa inscrición.