A CIG volve elixir Ribeira para conmemorar o Primeiro de Maio

    RIBEIRA> A mobilización arrancará o próximo xoves ás doce da mañá dende a Praza do peixe baioxo o lema ‘Contra a explotación e a pobreza’. Seguindo coa mesma liña mantida nos últimos anos, a CIG Barbanza celebrará o primeiro de maio, festividade do traballo cun acto na comarca. O lugar escollido unha vez máis por este sindicato para a celebración desta data especial será Ribeira, cunha movilización con saída dende a praza do Peixe ás doce da mañá para percorrer posteriormente as principais rúas da localidade. Baixo o lema ‘Contra a explotación e a pobreza’, a Central Intersindical Galega fai un chamamento á sociedade a buscar un cambio á situación actual, marcada pola precariedade laboral e unhas crifras de paro alarmantes, á que nos levaron as políticas promovidas pola Unión Europea e os Gobernos Central e Autonómico, que están a estrangular a economía galega e os seus principias sectores produtivos. Dende a CIG fan un chamamento ós veciños da comarca a participar nesta mobilización. Aproveitaron ademais o acto para amosar o seu rexeitamento ó anteproxecto de Lei que prepara o Goberno Central e que podería significar a eliminación dos partidos xudiciais e os xulgados de instancia. Por esta razón manifestaron o seu apoio ós traballadores dos xulgados de Ribeira e Noia que poderían verse afectados por esta medida.