Novo intento de atraco nunha peixería da Pobra

    POBRA > Trala recente oleada de roubos na Pobra, un novo suceso volveu sembra-la alarma entre os comerciantes do municipio. Esta vez tratouse dun intento de atraco na pescadería Evangelina, situada a carón do novo mercado municipal. Afortunadamente todo quedou nun susto aínda que a dependenta do establecemento tivo que recibir asistencia sanitaria posto que sufriu unha crise nerviosa.

    Unha muller duns 40 anos, aparentemente de etnia xitana, dirixiuse á pescadería Evangelina coa intención de levar os cartos da caixa rexistradora. Segundo o testemuño da dependienta do establecemento e os propios veciños queroubos_300_040506.jpg presenciaron o suceso, a muller aproveitou un descoido da tendeira para introduci-las mans na caixa rexistradora. Nese mesmo momento, a dependenta percatouse das súas intencións e pechou o caixón trabándolle ás mans á ladroa e evitando que consumara o roubo.

    Inmediatamente personouse no lugar unha patrulla da Garda Civil que puxo en marcha un dispositivo para localizar á autora dos feitos que conseguiu fuxir. Tamén foi necesaria a presencia dunha ambulancia para atender á encargada do establecemento que sufriu unha crise nerviosa a raíz do suceso aínda que afortunadamente conseguiu repoñerse unha vez superado o susto inicial.

    Ó parecer non é a primeira vez que esta delincuente intenta cometer roubos no entorno do mercado municipal. Segundo relatan os comerciantes é frecuente vela en compaña doutras persoas da súa etnia merodeando preto dos postos da praza. A técnica máis utilizada para comete-los roubos é pagar pequenas compras con billetes moi elevados tratando de confundilos co cambio a devolver.

    Este intento de roubo vén a sumarse a outros atracos rexistrados en domicilios e establecementos comerciais da comarca do Barbanza durante as últimas semanas. A situación está a causar unha certa preocupación  nos concellos, que xa deron orden á Garda Civil e ás respectivas Policías Locais para que se incremente a vixilancia na zona.

    O alcalde da Pobra do Caramiñal e actual presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, Isaac Maceiras, fixo referencia precisamente á preocupación existente na comarca ante o incremento destes roubos. Segundo el está previsto abordar este asunto no vindeiro pleno da entidade supramunicipal co fin de buscarlle unha solución ó problema.

    Fontes da propia Garda Civil indicaron que lle están prestando unha especial atención ós vehículos que poidan levantar sospeitas, como os que están matriculados nos países bálticos, xa que se traballa sobre a hipótese de que unha banda de cidadáns do Este se asentara nesta zona para roubar, aínda que non se descarta que poida tratarse doutros grupos diferentes.

    Redacción Barbanza