Ana Peleteiro mantén a ilusión a pesar do retraso da cita olímpica

BARBANZA> A decisión do Comité Olímpico Internacional de aprazar os Xogos Olímpicos a 2021 afecta a numerosos deportistas galegos. Entre eles, a atleta ribeirense Ana Peleteiro que , a pesar da decepción inicial, toma este aprazamento como unha oportunidade para chegar en mellor forma a Tokio 2021.

A crise sanitaria mundial provocada polo avance do coronavirus obrigou ó COI a pospoñer os Xogos Olímpicos ata 2021. Unha nova que, aínda que non sorprendeu a Ana Peleteiro, si lle custou dixerir.

Como boa deportista, Peleteiro busca o lado positivo e o ve como unha oportunidade para chegar aínda máis preparada a Tokio 2021.

Seguirá a adestrar coa mesma forza e paixón que lle pon cada día ó seu traballo. E de seguro que en 2021 nos ofrecerá a mellor versión de si mesma para orgullo de tódolos barbanzáns.