RIBEIRA> A pesar de que as incidencias non foron graves, a situación viviuse con certa preocupación no Barbanza. A falla de información e a tardanza no restablecemento do subministro xerou intranquilidade entre algúns veciños que non contaban con volver á normalidade a curto prazo.
O apagón tamén se deixou sentir no tecido económico, especialmente no pequeno comercio que tivo que pechar as súas portas.
Tan só as grandes empresas que contaban con xeradores mantiveron a súa produción activa así como os establecementos de diferentes cadeas de supermercados para garantir o subministro de alimentos e outros bens de consumo.