Cultura e Concello presentan o proxecto de centro deportivo da Parda

    aparda100_311007_-_still_001.jpgPONTEVEDRA >A conselleira de cultura, Ánxela Bugallo, o alcalde de Pontevedra, Xosé Luis Fdez Lores …

    …e a vicepresidenta da Deputación, Teresa Predrosa, presentaron esta mañá no concello, o ambicioso proxecto, do Centro Deportivo da Parda. Dita presentación, tivo un retraso na licitación para aplicarlle unha modificación que permitira adaptarse mellor ó orzamento do proxecto.

    Trinta e tres mil metros cadrados de infraestructuras lúdicas, de ocio e deportivas. O Centro deportivo de A Parda acollerá áreas de oficinas e recepción, cafetería exterior e interior, vestiarios, control médico, dúas piscinas e ximnasio multiusos entroutros.

    Toda infraestructura insertarase topográficamente de maneira natural, facendo da armonía visual, o modo de convivencia, tanto de elementos arquitectónicos como de natureza e vexetación. Un lugar, segundo a conselleira, para desfrutar toda a familia ademais dos deportistas.

    Segundo alcalde, estamos diante do proxecto que a cidadanía quería. No proxecto inicial non había espazo para todas as infraestructuras e modificalo supuxo un retraso, para adecualo ás novas exisencias, que pasan por adecuar o orzamento, ás instalacións que levará o centro.

    O estudo de arquitectura encargado do proxecto do centro, asegura que o principal logro e que aúnase a disponibilidade dun lugar público e de ocio, de calidade, coa conservación da riqueza natural e paisaxística da zona. Para velo feito, haberá que esperar ó dous mil decaséis.

    Redacción Salnés.