![]()
PONTEVEDRA > Os pequenos inventores e científicos de Pontevedra puideron amosar os seus experimentos e descubrimentos científicos. Os alumnos do Instituto de Educación Secundaria ‘A Xunqueira’ de Pontevedra inauguraron a Terceira Semana da Ciencia que se desenvolve en colaboración co Instituto de Educación Secundaria de Poio e que persegue como obxectivo espertar o interese e a motivación en relación á ciencia.
O luns quedaba inaugurada a terceira semana da ciencia do Instituto de Educación Secundaria a ‘Xunqueira’ de Pontevedra. Como xa se ven realizando de anos anteriores foi inaugurada unha exposición na que se amosan os traballos dos alumnos do Instituto da Xunqueira e do de Poio (tamén colaborador). A exposición, que conta co apoio do Concello de Pontevedra foi visitada polo alcalde de Pontevedra e polo Delegado de Educación en Pontevedra, Cristóbal Fernández.
Os obxectivos que persegue son expor experimentos sinxelos ó alcance de tódolos alumnos, espertar o interese e motivación pola ciencia, conectar ciencia e realidade e incentivar a investigación de cuestións científicas. Está previsto que a mostra permaneza aberta no Instituto da Xunqueira ata este venres para os alumnos do centro e sexa aberta a alumnos de outros institutos o xoves pola tarde.
Redacción Salnés










