A doazón de órganos recupera cifras previas á pandemia na área de Pontevedra e O Salnés

PONTEVEDRA> A oficina de coordinación de transplantes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés fai bo balance do ano 2022. Segundo os datos que presentaron esta mañá, o ano pasado xestionaron a doazón de 18 órganos e 12 tecidos. As cifras supoñen un lixeiro incremento respecto de momentos previos á pandemia. Así as cousas, a negativa das familias dos falecidos a doar os seus órganos é o principal atranco que se atopa a unidade.

No 2022 a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés recuperou as cifras de doazón de órganos previas á pandemia. O ano pasado xestionaron a explantación de 18 órganos e 12 córneas.

En concreto, o equipo responsable dos transplantes conseguiu explantar dous fígados, 16 riles e 12 córneas, todos procedentes de oito doadores reais.

Unha das principais dificultades que detectaron na área é que a maior parte dos doadores son pacientes de máis de 65 anos, o que dificulta a viabilidade dos seus órganos. Tamén as reticencias das familias: o ano pasado, os familiares de catro falecidos negáronse.

Só os tecidos implántanse no Hospital Montecelo. As operacións de implantación dos demais órganos fanse nos hospitais de Coruña e de Santiago.