A depuradora do Facho dará saneamento á zona costeira de Castrelo

    CAMBADOS > Os veciños da zona centro e costeira de Castrelo contarán pronto con saneamento. As obras da depuradora do Facho xa comezaron e avanzan a bo ritmo, como puideron comprobar os edís de Medio Ambiente e Obras de Cambados.

    Xa están en marcha as obras de construcción da depuradora do Facho, na parroquia cambadesa de Castrelo. A actividade na zona é intensa e, de seguir así, o goberno local calcula que a depuradora estará lista nuns días.  As obras teñen un orzamento de 150.000 mil euros que sufraga a Deputación de Pontevedra e darán servizo á zona central de Castrelo, tal como anunciaba o concelleiro de Obras, José Antonio Domínguez, quen tamén aseguraba que, a pesares dos retrasos, a final de ano estará en funcionamento a ampliación da EDAR de Tragove.

    Redacción Salnés