Feijóo e Louzán respaldarán a Tomás Fole no congreso do PP de Vilagarcía

    congresopp_100_110506.jpgVILAGARCÍA > Dirixentes do PP rexional e provincial acompañarán a Tomás Fole no congreso local de Vilagarcía. A do actual presidente da xestora arousá será a única que se presenta con 385 avais. Os responsables populares deron a coñecer o programa do congreso que se celebra o sábado a partir das sete e media da tarde.

    congresopp_300_110506.jpgDepende de ti. Éste será o lema do oitavo congreso do PP de Vilagarcía que se celebra este sábado no auditorio municipal. A actividade iníciase ás sete e media da tarde presentando a composición da mesa, presidida por Elena Suárez. A continuación leranse dous comunicados, o primeiro de Novas Xeracións sobre o protagonismo da xuventude nos concellos a cargo de Sandra Petinal. O segundo, lerao o secretario de Política Municipal Juan Carlos Maneiro, destacando o papel protagonista dos afiliados.

    Ás oito e dez Tomás Fole presentará a súa candidatura, a única que concurre ó congreso e bastante renovada. Unha vez proclamado presidente, Fole estará arroupado nos discursos de clausura polos dirixentes do PP rexional e provincial, Alberto Núñez Feijóo e Rafael Louzán, polo secretario xeral do PPdeG Alfonso Rueda e prevese tamén a asistencia de Ana Pastor. Os dirixentes populares destacan o amplo apoio recibido por Fole para presentarse candidato, xa que presenta 385 avais.

    Redacción Salnés