CAMBADOS> Zona Centro de Cambados xa se prepara para unha nova edición dos Bonos de Outono. O concello colabora co colectivo de comerciantes, achegando 6.000 euros.
Calquera persoa pode mercar por 20 euros un bono e recibirá 10 euros. Poderanse gastar no comercio cambadés entre o 11 de novembro e o 5 de decembro, ata esgotar existencias.
Dende Zona Centro salientan o importante estímulo que supón para os establecementos este tipo de campañas.











